BULLDOZERS -lobishome-

Posted in VIDEO-GALAXIA on October 18, 2011 by planetafurancho

Lembrando a MORGAN

Posted in CADERNO DE BITÁCORA on October 12, 2011 by planetafurancho

… e AQUÍ podes escoitar o programa enteiro no que amig@s de Morgan nos lembraron a súa persoa !!

XURXO FISTERRA REC

Posted in XURXO FISTERRA REC on October 2, 2011 by planetafurancho

o Xurxo de Fisterra percorre festivais coa súa videocámara. Centos de actuacións de bandas do país forman parte do seu xenuíno arquivo sonoro !! Aló a festival que vas, aló está Xurxo dándolle ó rec.

Dende xá !! iremos poñendo por aquí moitas das actuacións de grupos do país das que foi testemuña a cámara do Xurxo !!

grazas Xurxo e sempre adiante !!!


FESTIVALO en MANSELLE

Posted in DIRECTOS DO FURANCHO on October 2, 2011 by planetafurancho

Estivemos en Manselle.

Enriba do valo.

Ese valo feito polos veciños da aldea para recuperar un terreo veciñal a golpe de pedra e formigón e sen máis axuda que a súa xenerosidade e a forza das súas mans.

A aldea rusa. Irreductible e sempre adiante !!!

Do valo non imos falar que iso xa o fixo mellor que nadie Anxo Angueira.

Alí estivemos e dende alí fixemos o Planeta Furancho do venres 23 de setembro.

E disfrutamos da palabra do grande Angueira, poeta, narrador e moito máis. Tamén veciño, currela do valo e membro da comisión de festas.

E o festivalo estivo enorme. Un festi de rock en galego nunha aldea de 25 veciñ@s que levou a Manselle un feixazo de público a disfrutar de churrasco a esgalla e de música do país a esgalla: Ataque escampe, A banda da Balbina, Intercoles, Labregos do tempo dos Sputniks, Medomedá … !!!

grande noite.

parabéns á comisión de festas !!!

AQUÍ o programa que fixemos dende alí.

SALTANOCRIBO

Posted in CADERNO DE BITÁCORA, NOVOS DISCOS on October 2, 2011 by planetafurancho

Música que alimenta a ialma. Melodía que aloumiña os sentidos.

Chegan dende Sarria e preséntannos o seu primeiro traballo discográfico.

Folk que bebe da música tradicional pero que tamén mira adiante con palabra e composición propia.

Barbeiro no acordeón, Ismael García na percusión, Braulio Correa na guitarra, Pablo Camarero no violín, Luis Quintana coa gaita e clarinete, Rebeca Tallón na percusión, Carolina Vázquez na voz e Suso González coas frautas e gaita.

Diversidade instrumental, paixón a cachón e as cousas ben feitas para remexernos nas emocións.

SALTANOCRIBO !! coma os grans de trigo saltando no coiro da peneira.

Conexión co primixenio, coa terra, coa delicadeza das harmonías fermosas.

A súa mensaxe seica é clara: benvidos á vida !!

Entra no seu mundo !!  abofé que che vai prestar !!!

 AQUÍ a entrevista no furancho e AQUÍ eles na rede !!

ATAQUE ESCAMPE “segunda división”

Posted in VIDEO-GALAXIA on September 19, 2011 by planetafurancho

OS RESENTIDOS – Galicia Canibal –

Posted in VIDEO-GALAXIA on September 16, 2011 by planetafurancho

“HUMANOSE” – DIOS KE TE CREW

Posted in CADERNO DE BITÁCORA, NOVOS DISCOS on September 15, 2011 by planetafurancho

Tomaron o seu tempo e non era para menos.

“Humanose” tíñase que facer a pouco lume, ó xeito e con paso ben firme.

Así foi e así é como neste 2011 e 5 anos despois de aquela xoia chamada “Xénese” os Dios ke te Crew sacan o seu novo disco.

Do “Xénese” xa se dixo case todo e xa quedou ás claras que quedará para sempre coma un dos grandes capítulos para a historia da música en galego. Un disco que rachou e petou no corazón da sociedade galega como facía tempo que non petaba un traballo discográfico.

E nesas, García, Mou, Jamas, Sokram e Dj Murdock por fín nos entregan o seu segundo disco.

“HUMANOSE”

Rap humano 100%.

Rap do país. Rap enxebre.

Palabra de neuronas afiadas e linguas espabiladas.

Palabra de xente. Palabra de terra. Palabra de mundo

“HUMANOSE” chega para quedarse. Fala claro e honesto. Salvaxe, intelixente e metendo os seus dedos nas entrañas do noso sistema emocional.

Cun traballo de arte espectacular nun digipack aquelado por Liqen & Sekone e todo arredores do concepto da “HUMANOSE” que todo o fode.

Se o “Xenese” foi o que foi … o “HUMANOSE” non vai quedar atrás.

A que carallo agardades? O mellor que podedes facer é escoitalo canto antes.

AQUÍ tendes ós DIOS KE TE CREW na rede e AQUÍ podedes escoitar a entrevista que lles fixemos na nosa visita ó Rapapoulo Estudio.

Nós dámoslle uns parabéns tan enormes como o seu talento.

DIOS KE TE CREW !!  Orgullo de país !!

ATAQUE ESCAMPE -violentos anos dez-

Posted in NOVOS DISCOS on August 4, 2011 by planetafurancho

Ataque Escampe están de volta con novo traballo.

Escoitámolo.

Titúlase “Violentos anos dez” e de novo supón un paso adiante no camiño das Ataque.

Voltámolo a escoitar.

Deixámolo correr do tirón no noso reproductor e mentras debullamos canción tras canción voltamos a caer na conta de que se este país fose un país normal discos así serían un arrase total.

Textos fermosisimamente coidados. Pequenas historias contadas e cantadas que acadan momentos de salvaxe conexión meténdonos de cheo no seu submundo vital, literario e musical.

Coa música negra máis preto que nunca.

Punk acústico. Folk americano. Rock de serie B.

O que vós queirades nen@s.

“Violentos anos dez” demostra outra vez máis que Ataque escampe é unha banda única con personalidade e sensibilidade única.

O dito: que lle pasa a este país?

Parabéns pola xoia rapaces ¡!

AQUÍ podedes saber todo sobre elas AQUÍ descarregar o disco de balde e AQUÍ escoitar a conversa que compartiron con nós o xoves 28 de xullo.

DasKapital -ruído negro-

Posted in CADERNO DE BITÁCORA, NOVOS DISCOS on August 3, 2011 by planetafurancho

Chamade ós antidisturbios que o Ruído Negro está aquí.

Tecno-Marxismo de sintetizadores, guitarras e discurso cargado de electricidade.

DasKapital naceu no 2010 e neste 2011 saca disco: “RUÍDO NEGRO”

Detrás do proxecto moita calidade e caras ben coñecidas do panorama galego.

Ollo ca tropa ¡

Paino, o Leo de Matamá, Davide Ageitos e seu irmán Tomás, Daniel Salgado e o Doutor Chou.

Sen concesións e cos pés no século XXI.  Socialismo ou barbarie. Discursos en chamas. A situación vólvese complicada … o ruído negro será a solución.

Non esperes nen@ … descarga de balde en KOMUNIKANDO

DAS KÁPITAL ESTÁN AQUÍ … tas avisad@ … despois non digas que non ¡!

AQUÍ podes escoitar a entrevista que lle fixemos no programa o martes 28 de xullo.