Archive for the PLANETA GARCÍA Category

HIP HOP

Posted in PLANETA GARCÍA on February 7, 2011 by planetafurancho

INTERVENCIÓN na MESA REDONDA “Sabotaxe na fronteira. Arte e subversión na Galiza contemporánea” o 4 de Marzal do 2010 dentro das I XORNADAS GALEGAS DA EDICIÓN INDEPENDENTE na Biblioteca Pública Anxel Casal de Compostela. As xornadas foron organizadas por Estaleiro Editora e a editorial Corsárias.*

*O seguinte texto é unha versión lixeiramente corrixida.

Serxio Regos “O García”.

Boa tarde.

Kero agradecer a Estaleiro Editora e a Corsárias a invitación. Aproveito para felicitarvos polos vosos tan necesarios proxectos e por estas xornadas. Síntome moi feliz de compartir este espazo para a reflexión e a análise, para a palabra. Estes días akí estanse amosar bocexos e tamén realidades de eses/estes outros mundos posibles nos ke andamos, os ke procuramos sen acougo.

A NACIÓN HIP HOP ESTÁ ABAIXO E Á ESKERDA.

  1. A Escuridade. (Dúas voces dende a negritude)

Dende a cultura da morte e do medo, dende a periferia, dende o crac ke se proxecta dende arriba para manternos a raia, dende as túas entrañas, ai Imperio, dende o Norte si, dende a exclusión, dende a desesperación, a cultura da morte a violencia no barrio, a violencia entre a comunidade, gangs, adolescencia fumando crac, heroína, as armas circulan, o racismo institucional agora reproducímolo nós, as armas circulan, impórtame unha merda o ke digas, xuro ke te mato! De feito xa estás morto, somos mortos en vida.

Case non keda nada de nós, aldraxadas, arrincados da nosa nai Áfrika, asasinados, violentados por séculos explotados.

– Mais non todo está perdido… primeiro foron os cantos de traballo ke trouxemos de Áfrika, logo o Blues, a migración do Bluesman cara a cidade, do sur cara o norte, o trance nas Jam Sesións de Jazz, o Ritm & Blues, o Rock and Roll, o Soul, Black Power!! Panteras Negras e mailo Funk. Uaaaauuu!!! Somos negros e estamos orgullosos.

– Siii,  pero míranos estamos na pobreza extrema e matámonos entre nós, semella ke toda a rebeldía, aínda ke fora algo contra vento e marea fracasou.

Un ponlle unha man por riba do ombro ao outro ke ten unha pistola na man porke o kería asasinar e dille:

–          O mais escuro é antes do amencer.

2. A luz. (Unha luz ilumina dende o sur do Bronx)

Logo da viaxe de Áfrika Bambaataa por Sudáfrika e despois de coñecer a Nación Zulú, o xoven Bambaataa ex-pandilleiro percatarase de ke moitos dos xeitos de expresión no seu barrio, na rúa, gardan grandísimas similitudes coas formas de expresión do pobo Zulú. Nación por certo, ke o guerreiro Shaka Zulú convertera en todo un símbolo guerreiro da Áfrika enfrontándose con éxito ao Imperio Británico ke desembarcara polo cabo de Buena Esperanza xusto a veira de Cape Town, o Capetón dos mariñeiros Galegos.

Áfrika Bambaataa tivo ke percibir akela cultura guerreira e antiimperialista e debeu percibir tamén con claridade (por exemplo) ke cando os zulús se reunían e facían un corro e supoño ke tocarían diferentes instrumentos de percusión, e tamén estou seguro de ke alguén danzaba no medio de ese corro e as autoridades tradicionais, ou como alí se chamen, moi probablemente fixeran uso da palabra. Ao fin e ao cabo espiritualidade, ao fin e ao cabo rituais ke se daban por exemplo, cando se ofrendaba á natureza nalgún cambio cíclico. El viuno todo claro, a conexión era clara. Cambiara bastante o contexto, pero en esencia era o mesmo ke se facía no barrio, a pesar de tódolos intentos ao longo da historia de desdibuxar por completo as formas culturais ancestrais da comunidade negra.

No retorno desa viaxe, literalmente ás raíces, xa no Bronx o 12 de Setembro de 1973 dáse o milagre! acéndese a lus, a fundación da Universal Zulú Natión. O traballo pola paz na comunidade independentemente da cultura, relixión ou idade, é mais mesturando tódolos saberes, facendo especialmente fincapé nas formas ancestrais africanas non tivo acougo. Por ke non xuntar forzas para loitar por un fin común e por ke non facelo a través da arte?

Iso ke Bambaataa vira en Áfrika, os xeitos de danzar, recitar a palabra, a musicalidade, a pintura…conectouno totalmente co graffiti e o breakdance e outras formas de expresión ke se practicaban nas rúas do seu gueto no sur do Bronx.  Eran formas evidentes dunha necesidade de comunicarse co mundo e co propio ser. Formas ancestrais. Bambaataa era DJ. Os Dj´s eran unha especie de axitadores no barrio pinchando a música da xente de abaixo, na rúa, a ke non poñían nas radios comerciais, os Sounds Sistems levados ao Bronx por Kool DJ Herc (inventor do breakbeat), nos ke os breakers facían piruetas sen parar en un trance total ke seguramente facía ver os problemas da vida no gueto como algo externo a eles, aínda ke só fora momentaneamente.

A xuntanza das artes, cultivarte , cre en ti mesmo, es alguén, respecta aos teus irmáns:

Dende logo unha inxección de autoestima. A mellor menciña.

Áfrika Bambaataa foi capaz, xuntou o Graffiti xa existente na rúa co Breakdance ke tamén estaba aí, co Dj¨ing ou as artes do dj, e iso ke improvisaban os presentadores ou acompañantes do Dj, ke máis adiante se denominaría Rap. Organizou eventos de carácter autónomo, ás veces okupando espazos deshabitados para facer descargas momentáneas da viveza da expresión da cultura na rúa.

Así, en 1974 nace a Cultura Hip Hop, a xuntanza das artes da xente de abaixo, da rúa, dos excluídos, dos migrantes…

A violencia no barrio descende drasticamente, en gran medida e con moito esforzo conseguiuse. Hip Hop. Dicían, eu son da Nación Hip Hop. Unha alternativa de conduta capaz de transformar ás persoas manifestando a conciencia colectiva, comunitaria.

3. De cando chega a nós (buscando por kes)

Dende akel entón pasaron moitas cousas, e agora moitas veces tense unha imaxe ke non se corresponde cos verdadeiros valores da Cultura Hip Hop. Unha imaxe deformada polos mass media e claramente con fins ke teñen máis ke ver co sistema capitalista ke con outros xeitos de economía e de moitas outras propostas nas ke algúns cremos. Hip Hop dende abaixo, como movemento ke crea novos mundos, institucións autónomas, propias. Democracia participativa a través da arte, as leis do acordo, non as ke se proxectan dende arriba, reafirmación da colectividade, ante un sistema ke nos individualiza. O Hip Hop está abaixo pois ven de abaixo, e si non é así, é só un produto máis do sistema capitalista. Está abaixo e ten valores de eskerda, de respecto, pois foi un catalizador tremendo como movemento antirracista, por poñer un exemplo. É unha nación ke está polo mundo todo, nos guetos de Luanda, nas favelas do Brasil, nos barrios migrantes de Marsella, en Ordes.

Alí onde hai exclusión hai Hip Hop, é a nosa palabra. A nosa ferramenta mais integral.

Pertenzo ao Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew, e nós non temos a verdade sobre o Hip Hop, pero sí algo de experiencia dende 1995 ata hoxe. Por ke esta cultura foránea tivo a capacidade de estimularnos nun ambiente tan gris? Probablemente por eso pola cor ke desprende, como un arco da vella. Podemos falar do Hip Hop como filosofía, como historia, como matemáticas, como música, como danza, como pintura, como nada. O Hip Hop, non é o importante, o Hip Hop é nada e é todo á vez. Eu son Hip Hop. É unha ferramenta. Non é nada novo, leva dende os principios da humanidade con outros nomes entre nós en tódalas culturas, en tódalas civilizacións con outros nomes ou sen nomes. E esta parte do mundo non é menos, a muiñeira por exemplo, os Maios… cambios cíclicos da natureza onde se danza e se toca, onde se ofrenda, a espiritualidade ao fin, roubada polas doutrinas, tamén a do Hip Hop. En Dios Ke Te Crew, facemos obradoiros sobre todo por centros educativos e cando un rapás ou unha rapaza rapea o mundo ten sentido, rompemos os muros da incomunicación, decidimos por nós mesmos, ke o final é o ke importa. Cando facemos Hip Hop somos libres nese preciso momento. E o máis importante, facémolo nós, sen caudillos, nin patróns. Pois sae de nós, sae de abaixo e a eskerda, ke como dín os compas de Chiapas é onde está o corazón. Porke os valores realmente de eskerda e da búskeda da convivencia feliz, non teñen nada ke ver cos pseudo-eskerdistas ke enchen as filas da clase política, case por completo pregada aos valores dos mercados financeiros.

E ao final a Cultura Hip Hop só é unha ferramenta, unha ferramenta ke lle dá voz aos ke na teñen, parafraseando a KRS-One digo ke “Hip significa saber, é unha forma de intelixencia, ser Hip e estar ao día e relevante Hop é unha forma de movemento, non podes só observar un Hop, tes ke saltar (erguerte) e facelo, Hip Hop é mais ke música. Hip é coñecemento, Hop é movemento, Hip Hop é movemento intelixente. …Corre e dillo aos teus amigos unha antiga civilización volveu a nacer é un feito”

Hip Hop, a nosa digna rabia abaixo e a eskerda, é o faino ti mesmo  é o copyleft, cada ves ke sampleamos e sacamos fotografías a música e logo facemos a partir deses sentimentos un colage, unha nova composición. E reciclaxe pura e dura. É o faino ti mesmo. Debe ser independente, pois é unha expresión máxima de Autonomía feita realidade. O Hip Hop é unha ferramenta abofé ke reivindicativa, artística e política. Non somos espectadores, somos actores das nosas propias vidas.

Ke non pare, ke non pare Hip Hoooooooooop!!!

Advertisements